Friday 29 de March de 2024

Axenda cultural da fin de semana en Cariño


TEATRO DO ANDAMIO: “INSUBMISIÓN”.

Sábado 27 de novembro, no Auditorio Municipal, a partir das 19.30 horas.

Espectáculo incluído na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Entrada de balde. Podes recoller o teu convite no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206).

Autora: Rosa Molero
Dirección: Tatiana Likhacheva
Elenco: Gema Ulloa e Fran Giraldo
Duración: 65 minutos

Sinopse:

Insubmisión fala da violencia que se xenera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflicto: a intimidade da parella.

O texto conta a historia partindo de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explícitamente no texto. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente… A tensión dramática crece ao redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario.

A segunda é que Insumisión non só se articula sobre a dor senón tamén sobre a esperanza, plantexando unha rebelión ante os fíos que nos atan a unha vida desgarrada. Hai saída; é posible facer as maletas é pechar a porta.

VELLA ESCOLA: “CONCERTO ESPECTÁCULO SOBRE A CULTURA HIP HOP”.

Domingo 28 de novembro, no Auditorio Municipal de 19 a 20 horas. Obradoiros (DJ, Beatbox e Breaking) de 17 a 18 horas.

Actividade financiada pola REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA da Xunta de Galicia.

Entrada de balde. Podes recoller o teu convite ou apuntarte aos obradoiros no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206).

Sinopse:

Trátase dun pectáculo multidisciplinar cunha función dunha hora e obradoiros no que se representa o nacemento e desenvolvemento da cultura hip hop. A función abre cun dj que, acompañado dunha grande pantalla, vai mesturando música e vídeo da época anterior ao hip hop (anos 70).A segunda parte representa o nacemento e evolución do hip hop (anos 80-90) con actuacións de Rap, Beatbox, Breaking e Turntablism (scratch), acompañados por unha mostra de Graffiti que suple a función de apoio visual da pantalla.